30 noviembre 2025

A Corresponsabilidade Triunfa no Santo Ángel: As Chaves do Concilia 2025

 



Queridas familias do Colexio Santo Ángel de Ourense,

Dende a ANPA queremos compartir con vós a gran acollida e o éxito das actividades do proxecto "Concilia 2025" , unha iniciativa que busca facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e fomentar a corresponsabilidade parental.

O proxecto foi cofinanciado polo Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade, Goberno de España, e pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, o que nos permitiu ofrecer este espazo de lecer educativo seguro e divertido para os nosos nenos e nenas, e actividades de sensibilización para os pais.

🎉 As nosas cctividades de Coidados 

Aínda que o noso programa inicial era máis amplo, as actividades de coidados para os nosos participantes de 3 a 16 anos foron finalmente tres grandes xornadas de lecer e aprendizaxe no mes de xuño, coincidindo co Fin de Curso e o inicio do Verán.

As actividades realizadas foron:

  • Obradoiros Xoves 11 de xuño: Os rapaces e rapazas desenvolveron a súa creatividade e traballo en equipo nos Obradoiros de creación de xoguetes de verán (cometas, barcos de papel, etc.) , ademais de gozar de divertidos Xogos de auga e actividades refrescantes.

  • Obradoiros Venres 12 de xuño: A expresión artística foi a protagonista! Tivemos actividades de pintura e debuxo sobre o verán e pechamos a tarde cunha gran Festa e baile.

  • Sábado 14 de xuño: Unha mañá chea de emoción coa Xincana e a búsqueda de tesouros con pistas temáticas , fomentando a colaboración entre os participantes.

Os grupos reducidos garantiron unha atención personalizada, mentres que a metodoloxía activa e participativa fixo que a aprendizaxe fose a través do xogo e a experimentación.

👨‍👩‍👧‍👦 Fomentando a Corresponsabilidade Parental

Como parte fundamental do proxecto, realizamos con éxito dúas das nosas actividades de formación e sensibilización para pais, co obxectivo de fortalecer a Escola de Familias e promover a corresponsabilidade.

As actividades de formación de 2 horas , dirixidas pola experta en igualdade e disciplina positiva Eva Muñoz, foron

  • Ferramentas para a Corresponsabilidade (7 de maio de 2025 ): Neste obradoiro, os pais compartiron estratexias prácticas para organizar as tarefas domésticas de maneira eficiente e equitativa, utilizando ferramentas como calendarios e listas de tarefas.

  • Claves para unha Corresponsabilidade Eficaz" (1 de outubro de 2025 ): Este encontro presencial e virtual proporcionou ferramentas de xestión do tempo e planificación familiar para equilibrar as tarefas do fogar coas responsabilidades laborais e persoais.

Grazas a todas as familias por participar e por facer de "Concilia 2025" un proxecto tan importante para a nosa comunidade educativa, esperamos seguir contando co voso apoio nas próximas edicións!

28 noviembre 2025

Proxecto de Igualdade 2025

 


A ANPA do Colexio Santo Anxo de Ourense quere compartir coa comunidade educativa o éxito do Proxecto de Igualdade anual, que culminou cun emotivo acto conmemorativo o pasado 21 de novembro, enmarcado no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (25N).

Este proxecto, titulado "Raíces Centenarias de Igualdade, Ramas Dixitais de Cambio", centrouse na formación en uso responsable das redes sociais e a prevención da violencia de xénero no ámbito dixital.

O alumnado de 6º de Educación Primaria (EP) participou activamente en obradoiros intensivos baseados na metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo. Baixo a dirección de expertas, as nenas e nenos adquiriron coñecementos fundamentais.

O obxectivo final foi claro: impulsar a coeducación e dotar o noso alumnado das ferramentas necesarias para converterse en referentes de convivencia positiva na rede.

O resultado do seu traballo foi exposto ás familias nunha emotiva xornada no claustro. As familias demostraron o seu compromiso sumándose á campaña #OrangeDays de ONU Mulleres España, participando no Photocall Laranxa e reforzando a mensaxe central do proxecto:

A educación e o apoio son un esforzo colectivo que nace das nosas raíces centenarias e se expande coa forza dos nosos lazos afectivos e o compromiso coa coeducación dos nosos fillos e fillas.

Apoio Institucional Fundamental

A realización deste proxecto foi posible grazas á cofinanciación obtida a través da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia. Estes fondos proveñen do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, impulsado polo Ministerio de Igualdad.

A ANPA do Colexio Santo Anxo agradece este apoio institucional que permite desenvolver de forma sostida e especializada iniciativas de igualdade tan necesarias para o futuro da nosa mocidade.


11 junio 2025

Subvención Deputación de OURENSE

 


¡Grazas á Deputación de Ourense! As nosas Festas de Fin de Curso, con sombra!

Querida Comunidade Educativa, temos unha excelente noticia que compartir convosco e un motivo especial para agradecer. Grazas ao apoio e cofinanciamento da Deputación de Ourense, o noso centro puido levar a cabo a "Actividade Pedagóxica: Festa Final de Curso 2024/2025" cunha mellora significativa nas nosas instalacións.

Unha Novidade Histórica: V E L A S de Sombra!

Por primeira vez en moitos anos, o noso patio principal estivo protexido do sol e das inclemencias do tempo. A subvención da Deputación de Ourense cubriu, entre outros gastos, a instalación de novas velas de sombra, un proxecto que a ANPA desexaba levar a cabo dende hai tempo e que agora é unha realidade.

Isto permitiu que todas as actividades da Festa de Fin de Curso (realizadas os días 11, 12 e 14 de xuño) se desenvolvesen con total comodidade e seguridade para os nosos máis de 350 alumnos/as e as súas familias, facendo da festa un espazo aínda máis acolledor e apto para a convivencia.

Compromiso coa Educación e o Benestar

Este apoio non só garantiu o éxito da festa, senón que tamén deixou un legado duradeiro: un patio máis funcional e protexido para futuros eventos.

Dende a Xunta Directiva da ANPA, queremos manifestar o noso máis sincero agradecemento á Deputación de Ourense polo seu compromiso coa nosa comunidade e por facer posible esta mellora que beneficiará a todo o alumnado.

Seguiremos traballando por un Colexio Santo Ángel cada día mellor!

03 febrero 2025

Entroido 2025


Estimadas familias,

Desde a Asociación de nais e pais de alumnos e alumnas do colexio, informámosvos das actividades que realizaremos no Entroido:

Desfile no Colexio 28/02/2025

Como todos os anos colaboramos no desfile do colexio polo barrio.

De 15 a 17h contaremos cunha charanga para animar o desfile, e ao terminar o percorrido pola rúa quedaremos no patio do colexio ata a hora de saída desfrutando da charanga e con servizo de bar para que o alumnado poda merendar.

Como será en horario escolar non hai obriga de asistencia por parte das familias pero encantaríanos que viñérades a desfrutar do entroido con toda a comunidade escolar!

Desfile do Concello 02/03/2024

De novo este ano participaremos no desfile que organiza o Concello de Ourense o domingo 2 de marzo.

Este ano queremos ser unha comparsa máis numerosa polo que animámosvos a participar:

       As familias e amigos/as que querades participar xunto aos vosos fillos e fillas tedes que inscribirvos canto antes aquí:

https://forms.gle/nUVdT15LrUdn6iVm7

       A temática da comparsa será LEGO, o disfraz é moi sinxelo de realizar con materiais reutilizados, aquí tedes o vídeo: https://www.instagram.com/reel/DFTMnAPOm6x/?igsh=aHAxeTF4NGFiazMy

Confirmarémosvos dúas datas para que podades vir a facelos ou a pintalos ao cole.

 


11 diciembre 2024

Nais e Pais en Rede 2024

 


Nos meses de setembro a novembro, desenvolvemos un  ano mais o proxecto de igualdade grazas á Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia a través dos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Este ano as actividades realizáronse con 6º EP e centráronse na Netiqueta para coñecer as normas de comportamento nas redes e así previr a violencia de xénero e promover a igualdade.

As familias participaron na recentemente creada Escola de Familia que foi un éxito de asistencia e que seguirá cheando o centro de familias nos vindeiros meses.

Aquí podedes ver o vídeo final con todas as actividades: 

https://www.canva.com/design/DAGYsPVPnVA/353rH5vdV_GaZ2070SBWWA/watch?utm_content=DAGYsPVPnVA&utm_campaign=designshare&utm_medium=link2&utm_source=uniquelinks&utlId=h963e8a5907



30 noviembre 2024

Subvención da Deputación de Ourense para as actividades realizadas no Fin do curso pasado


Tal e como anunciamos no mes de xuño tiñamos pensado solicitar á Deputación de Ourense fondos para desenvolver as actividades de final de curso realizadas en xuño 2024.

O concurso anunciado, publicouse no mes de xullo (Concurso convocado pola Deputación Provincial de Ourense para a concesión de subvencións a asociacións de nais e pais de alumnos/as (ANPAS) de centros educativos de Ourense 2023/2024)  e este ANPA solicitou, coa axuda do centro, os fondos para cubrir as actividades realizadas.

Neste mes de novembro 2024, o día 13,  publicouse a concesión definitiva destes fondos nos que obtivemos a segunda posición en puntuación e o máximo do importe posible cun total de 2000€.

Queremos amosar o noso agradecemento á Deputación de Ourense por esta iniciativa que nos permitirá desenvolver novas actividades ao longo deste novo curso 2024/2025